Programación

Junio 1st, 2009

VENRES 19 de XUÑO 20:30h

LOS SUAVES

los suaves
http://www.myspace.com/lossuaves
Indiscutible referente do rock feito en España, con doce discos ás súas costas, dous deles gravados en directo e con máis dun millón de discos vendidos en toda a súa carreira, Los Suaves son, por dereito, historia viva do rock.
Yosi xunto á súa banda segue superando o seu talento, ano tras ano (xa van 25 de estrada) e disco tras disco. Non sabemos con quen poden pactar para vivir na eterna mocidade e co espírito rebelde. Descoñecemos que estraño elixir pode esconder Yosi na súa querida Ourense, co que se embriaga de paixón e dor para logo espirse sen pudor e obsequiarnos aos simples mortais con todo o mellor do seu desinquieto e atormentado corazón.

MITOCONDRIAS

mitocondrias
http://www.myspace.com/mitocondriasourense
Esta banda ourensá leva movéndose por toda a península dende 1989. A súa evolución musical camiña paralela os seus cambios de formación, que pasou dun primerizo hard rock ata un son máis cercano o rock and roll e o rhythm and blues dos anos setenta. Teñen as súas costas unha morea de grabacións e experiencia.

MARZELLA

marzella
http://www.myspace.com/marzellamusic
Marzella é un estado de inconsciencia que che inhibe e é o lugar onde sempre quixeches escapar. Eles veñen de Madrid e fano a golpe de pop experimental.

DERROCHE

derroche
http://www.myspace.com/derrocheou
Tamén da cidade de Ourense, esta banda de rock acaba de editar a súa primeira demo. Nela pódense atopar a infuencia de nomes do rock estatal coma Barricada, Fito y Fitipaldis ou mesmo Los Suaves.

SÁBADO 20 de XUÑO 20:30h

SHANTEL & BUCOVINA CLUB ORKESTAR

shantel
http://www.myspace.com/shantelbucovinacluborkestar
Stefan Hantel coñecido como Shantel, é un produtor e músico alemán de raíces romanesas que exportou a todo o mundo o balkan beat. O seu nome deuse a coñecer grazas ás sesións e os discos do Bucovina Club. No seu estilo mestura a música popular dos Balcáns coa electrónica máis actual, a tradición do Leste europeo cos sons contemporáneos do Oeste, conseguindo un son único cheo de alegría que empuxa ao baile e á festa. Acompáñase no escenario pola Bucovina Club Orkestar, unha auténtica festa, unha xolda de excelentes músicos de orixe xitana que tocan instrumentos tradicionais como trompetas, acordeón ou violín, mesturados con ritmos electrónicos. Un sopro de aire fresco no panorama electrónico europeo.

BLASTED MECHANISM

blasted
http://www.myspace.com/blastedmechanism
Os Blasted Mechanism apostan pola innovación escénica, polo atrevemento e pola orixinalidade. Actualmente son a proposta máis destacada da música alternativa en Portugal e a súa posta en escena non ten nada que ver co visto ata agora.
Centrados no rock, estes estraños mutantes, mesturan a electrónica con sons ancestrais. O grupo recorre a varios elementos musicais e instrumentais exóticos, habituais na música tradicional das máis diferentes latitudes e culturas como didgeridoos ou trompas tibetanas.

ADANOWSKY

adanowsky
http://www.myspace.com/adanowsky
James Brown ensínoulle os seus pasos de baile, George Harrison os seus primeiros acordes de guitarra, enterrou o seu piano no seu xardín e ademais é campión de kung-fù!
Acompañado en escena por unha banda francesa «Gush», Adanowsky propón un show delirante, con bailarinas Pin-up, traxes, bailes e cerimonias voodoo. Participa o público, lánzanlle calzones, as mulleres e homes desvísteno, prodúcese unha catarse digno dun happening. Adanowsky saca este ano o seu primeiro disco como solista o Ídolo en Arxentina, Chile, Uruguai, México e España.

O SONORO MAXÍN

o sonoro maxin
http://www.myspace.com/osonoromaxin
O Sonoro Maxín xorde quentiño non verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos dá música galega que formaban parte de proxectos como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi ou The Pigmalions. ¿Estades listos para a cumbia-reggae

KATEMBE PROJECT

katembe
http://www.myspace.com/katembeproject
Nace coa idea de difundir o Kuduro un estilo musical orixinal de Angola, resultado do choque entre a música tradicional angoleña (semba, kizomba) e a música electrónica occidental (house, electro, techno).

LORD SASSAFRAS

sassafras
http://www.myspace.com/lordsassafras
Con este pseudónimo leva Jordi Gayoso Borrell mais de 25 anos traballando como músico e visitando escenarios tanto en España como en diferentes países europeos, africanos, americanos e asiáticos. Lord Sassafras define o seu estilo como Mafia mondiale, unha mestura de sons asollados de músicas do mundo con rock, funk e etno-tecno.

This movie requires Flash Player 9